11/26/2009

antropoloxía na violencia de xénero:::


O 25 de novembro foi declarado día Internacional contra a Violencia cara á muller no Iº Encontro Feminista de Latinoamérica e do Caribe celebrado en Bogotá (Colombia) en xullo de 1981.Neste encontro as mulleres denunciaron a violencia de xénero a nivel doméstico e a violación e o acoso sexual a nivel de estados incluíndo a tortura e os abusos sufridos por prisioneiras políticas.Elixiuse o 25 de novembro para conmemorar o violento asasinato das irmás Mirabal (Patria, Minerva e Maria Teresa), tres activistas políticas asasinadas o 25 de novembro de 1960 en mans pola policía secreta do ditador Rafael Trujillo na República Dominicana.Os seus cadáveres estragados apareceron no fondo dun precipio. Para o movemento popular e feminista de República Dominicana historicamente estas mulleres simbolizaron a loita e a resistencia.Máis información sobre as irmás Miraval no artigo: 25 de novembro, homenaxe ás Irmás Miraval por Ana Mariñez ÁlvarezNo 1999, a ONU deu caracter oficial a esta dataO 25 de novembro... conmemoración da morte das irmás Mirabal.O 29 de novembro - Desde o Parlamento Europeo a deputada Emma Bonino propón convocar nesta data un Día Internacional de Loita contra a Mutilación Xenital Feminino. Máis informaciónO 1 de decembro Día Internacional de Loita contra a SidaO 6 de decembro marca o aniversario do Masacre de Montreal, cando un home disparou a 14 universitarias por ser feministas.O 10 de decembro é a data na que se conmemora a sinatura no 1948 da Declaración Universal de Dereitos Humanos.Con tales datas, o Centro de Liderado Global das Mulleres, CGWL iniciou fai dez anos a campaña internacional "16 días de activismo contra a violencia cara ás mulleres "

No hay comentarios:

Publicar un comentario