1/15/2010

DARWIN:::


NOTICIA: O 16€ dos galegos nega a evolución do home
BIOGRAFÍA: Darwin e a tería da Evolución
Charles Robert Darwin, nado o 12 de febreiro de 1809 e finado o 19 de abril de 1882, foi un naturalista inglés que observou e postulou, achegando evidencias relevantes, que tódalas especies de organismos vivos evolucionaron a partir dun único antecesor común por medio dun proceso denominado selección natural. A idea de evolución chegou a ser unha postura apoiada pola comunidade científica e pola sociedade ó final da súa vida, mais a teoría da selección natural como proceso esencial que explica o proceso evolutivo, e que hoxe constitúe a síntese moderna da teoría evolutiva, só sería aceptada, trala súa morte, durante a década dos anos 1930. A síntese moderna da súa teoría evolutiva constitúe actualmente a teoría unificadora das ciencias naturais e explica a diversidade de vida existente actualmente.

Darwin abortou as súas aspiracións na medicina para adicarse ó estudo dos invertebrados mariños estando na Universidade de Edimburgo e afianzou esa paixón polas ciencias naturais na Universidade de Cambridge. A viaxe de Darwin no HSM Beagle consolidouno coma un eminente xeólogo que foi quen de achegar probas ás ideas uniformistas de Charles Lyell e, así mesmo, tornouse coñecido coas publicacións das memorias da viaxe. Sorprendido pola distribución xeográfica das especies salvaxes e dos fósiles que atopou no decorrer da súa viaxe, adicouse ó estudo da transmutación das especies chegando a concebir a súa teoría da selección natural no ano 1838. Malia que debateu as súas ideas con varios naturalistas, o seu traballo de xeólogo tívoo ocupado facendo que adiase o intenso traballo de estudo que esas as probas recollidas durante a viaxe precisaban. De feito rematou escribindo as súas teorías sobre o asunto cando no 1858 Alfred Russel Wallace lle enviou un artigo describindo exactamente a mesma idea ca el tiña en canto á evolución por selección natural. Os contactos entre ambos derivaron na publicación conxuntamente da teoría da evolución das especies por selección natural.

Na súa obra do 1859 A orixe das especies (On the Origin of the species) establece a descendencia evolutiva con modificacións coma a explicación científica principal na explicación da diversificación da vida. Ocupouse da evolución humana e da selección sexual en The descendent of Man (O descendente do home) e Selection in Relation to Sex (Da selección en base ó sexo) así coma en The Expression of the Emotions in Man and Animals (Sobre da expresión das emocións no home e nos animais). A súa investigación sobre de plantas publicouse en varios volumes e o seu derradeiro libro escrito é un estudo das lombrigas e o seu efecto no solo.

A magnitude da obra de Charles Darwin fixo que fose unha das cinco persoas do século XIX non pertencentes á casa real inglesa que foi soterrado con honras de funeral de estado. Xace enterrado en Westminister Abbey, ó lado de John Herschel e Isaac Newton.

No hay comentarios:

Publicar un comentario