4/28/2010

Os Congo:::


Os congo, tamén coñecidos como “bakongo”, habitan o territorio de África Central limitada pola costa atlántica ao oeste, Brazzaville – Kinshasa (Rep. Dem. Do Congo) ao este, PointeNoire (Congo) ao norte e Luanda (Angola) ao sur.

O sustento da súa economía é a agricultura, máis concretamente no cultivo de mandioca, que é a base da súa alimentación. Tamén cultivan bananas, patacas, arroz, tomates, legumes e millo (para o seu consumo); e cacao, café e aceite de palma (con fins comerciais).
As actividades fundamentais da vida dos congo, relaciónanse co campo, aínda que tamén cazan e pescan. Os homes encárganse dos traballos pesados tales como a corta de árbores, a caza e a pesca; e as mulleres dedícanse a recoller e procesar os alimentos, ademais de pescar conxuntamente cos homes e do intercambio comercial de produtos nos mercados.
O comercio proporciona aos congo unha importante fonte de ingresos, ademais dos produtos de que carecen. Esta actividade adquire tal importancia que cada mercado posúe un xefe que se ocupa de solventar os problemas que poidan xurdir nestas grandes aglomeracións comerciais, en que antano comerciábase con escravos.

Hoxe en día a prosperidade deste grupo étnico converteúlles nun dos grupos máis desenvolvidos economicamente de África. Moitos dos seus integrantes traballan nas cidades e incluso nas administracións dos seus países. Posúen hospitais, escolas (algunhas de misións cristiás), e revistas no seu propio idioma.

O seu funcionamento político constituído por unha avanzada monarquía con consello de ministros e institucións administrativas e xudiciais, sorprendeu o seu descubridor, o portugués Diego Cam na actual Rep. Democrática do Congo (1482).

Así pois, o cabeza do estado era representada polo rei (manikongo), que se ocupaba ademais do mando dun numeroso exército e de levar a cabo as funcións de guía relixioso. Os congo xa aplicaban naqueles anos un sistema de impostos e posuían escravos, que utilizaban como mano de obra.

Co paso do tempo os sucesivos reis dos kongo convertéronse ao cristianismo, propiciado polos intereses portugueses polo comercio da zona. Estes intereses terminaron enfrontando aos congo cos portugueses. Estes últimos acrecentaron o seu poder na zona grazas ao comercio de escravos e o apoxeo da sociedade congo comezou a desaparecer. Cun sistema en decadencia, moitos dos habitantes do lugar emigraron ao norte e instaláronse na rexión que ocupan hoxe en día.
Aínda que houbo algúns intentos de reunificación das tribos congo (desde 1954), os enfrontamentos cos portugueses terminaron provocando a huída masiva dos kongo de Angola cara á Rep. Dem. Do Congo, acrecentando os poboados dispersos.

O novo sistema social, derivado desta progresiva emigración, caracterizouse polas aldeas independentes, sistema que persiste hoxe en día, aínda que segundo a zona ocupada existen importantes diferenzas. Os congo de Angola encóntranse nunha situación discriminatoria, mentres os habitantes de Kinshasa perderon moitos dos seus privilexios co ascenso do presidente Mobutu e posteriormente Kabila. Non acontece así cos kongo de Brazzaville, que constitúen o 40% da poboación e participan nos sectores económicos e políticos.
Os asentamentos dos congo que se sitúan en poboados albergan a unhas 300 persoas, relacionadas por lazos de parentesco matrilineal (familia da nai) e de propiedade das terras. Ambas as dúas características establecen a xefatura social. Os xefes dos poboados son pois, os anciáns ou se é o caso, os propietarios da terra.

A relixión dos congo outorga un importante papel aos antepasados e espíritos, a que non se debe ofender en ningún caso. Isto implica unha serie de obrigas para cos mortos, tales como establecerlles un altar na súa casa e presentarlles ofrendas periódicas. Porén, a influencia do cristianismo e outras correntes creou un sincretismo relixioso en que os ritos se entremesturan. Así, Nzambi, deus tradicional do Congo identificouse co deus cristián, aínda que convive con outros personaxes mitolóxicos tradicionais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario