4/29/2010

Os talibán, procedentes da etnia pashtun, instauraron en 1996 o réxime máis radical coñecido en Afganistán:::


Os talibán non son unha etnia propia, senón un grupo cultural formado sobre unha férrea base ideolóxico-relixiosa. Proceden da etnia pashtun, maioritaria en Afganistán. O movemento talibán xurdiu como resposta a un momento de enfrontamentos tribais no país, tras a retirada dos invasores soviéticos en 1898. O movemento criticaba a corrupción dos dirixentes e acusábaos de terse desviado do camiño do Islam.
Moitos integrantes dos talibán formáronse en escolas de Pakistán, de feito talibán significa “estudante do Islam ”. Estes estudantes elaboraron un programa que permitiría restaurar a paz en Afganistán, ademais de reforzar a lei islámica.
O movemento nacente foi apoiado e secundado pola maioría afgá, así como os residentes en Pakistán, que esperaban un período de paz e florecemento. Tras dez meses de asedio tomaron a capital, Kabul, o 26 de setembro de 1996. O presidente de Afganistán, Najibulá, foi asasinado e só nunhas poucas horas os novos dirixentes converteron os ideais de paz dos seus seguidores no sistema islámico máis radical do mundo.
Esta radicalización incluíu que as escolas foron pechadas – do mesmo xeito que a Universidade de Kabul -, as mulleres expulsadas dos seus postos de traballo, as televisións fosen estragadas e as fotografías prohibidas. Os homes debían deixarse medrar a barba e as mulleres foron obrigadas a utilizar a burka, cuxo uso ata o momento era optativa e non estaba estendido nas cidades.
As mulleres foron as grandes prexudicadas do novo sistema. Coa imposibilidade de desenvolver os seus antigos traballos como profesoras ou sanitarias, moitas delas fuxiron do seu país. Pero moitas outras quedáronse sometidas ás novas normas. Xa que os líderes talibán procedían das zonas rurais, onde a muller estaba moito máis relegada que nas cidades, impuxeron a sociedade que coñecían. No seu mundo a muller non tiña necesidade de estudar, e sempre fora cuberta en honor á tradición.
“ Prohíbense os vestidos elegantes e os adornos das mulleres nos hospitais. As mulleres están obrigadas a comportarse con dignidade, a camiñar con tranquilidade e absterse de mallar cos zapatos no chan pois produce ruído. Non se permite ás mulleres traballar en ningún campo, agás no sector médico. As que traballen nese sector non se sentarán nun vehículo ao lado do condutor. Ningunha muller afgá ten dereito a trasladarse nun mesmo vehículo con estranxeiros.”
Intelectuais musulmáns critican ao réxime talibán polo seu escaso coñecemento da historia afgá e do Corán. Os seus métodos, criticados en todo o mundo por islamistas recoñecidos, son os propios dun grupo fundamentalista obcecado con impor unhas normas propias, que non forman parte do Islam; aínda que eles se apoien na interpretación coránica para levaras a cabo.
Na historia de todos os países, sempre houbo grandes paradoxos. No caso dos talibán hai que mencionar que foi Estados Unidos quen alimentou o espírito radical deste movemento con armas, información e recrutamento para que fixesen fronte aos rusos. Tamén apoiou os radicais entre os anos 1994 e 1996, a través do seu aliado Pakistán e A Arabia saudita. A razón? Un importante gasoducto debía atravesar Afganistán e era necesaria a cooperación dos talibán.
Durante os primeiros anos de mandato taliban, moitas organizacións naceron para facerlles fronte, para criticar os seus métodos, para pedir axuda a occidente e erradicar a inxustiza, para denunciar o apoio gobernamental aos grupos terroristas. Poucos os escoitaron. Por desgraza, só despois do 11 de setembro (2001), co ataque a EUA, cobraron actualidade os talibán e mais aqules que levan anos denunciando a situación do pobo afgán.

No hay comentarios:

Publicar un comentario