4/12/2010

Os ianomamis viven da agricultura, caza e recolección:::

Os iamomami viven en pequenas comunidades de 40 a 200 persoas. As súas casas son circulares, construídas de madeira e palma. Estes indíxenas viven da agricultura, caza e recolleita. Tradicionalmente cultivaban plátanos, pero actualmente tamén se dedican ao cultivo de iuca, complementado polo de millo, pataca doce e cana de azucre. Da recolleita encárganse as mulleres, sendo esta a principal fonte de proteínas da comunidade, achegada polo consumo de cangrexos, térmites, eirugas e grandes insectos, ademais de fungos, noces e froitas silvestres. Os homes encárganse de cavar e plantar os hortos, así como da caza con arcos e frechas impregnadas en curare. A súa sociedade organízase arredor dos grupos de parentesco, cada un deles representado no consello por ancián máis “competente”. Este consello é o que resolve as cuestións políticas. O prestixio e respecto se fundamente na capacidade carismática para influír nas opinións dos demais, e gabiar disputas, así como para manter a moral do grupo e sopesar as consecuencias dos conflitos con outras comunidades.Estes líderes carismáticos, convértense en xefes que en situacións críticas deben motivar os guerreiros para a loita, práctica habitual destas tribos. O cargo, ademais de non ser permanente, non supón ningún tipo de privilexio material.Na cultura yanomami o valor e a seguridade nun mesmo son virtudes admirables en ambos os dous sexos, polo que o nenos son educados desde moi pequenos a non demostrar medo fronte aos seus opoñentes. As provocacións son comúns na vida cotiá destes poboados, o que ocasiona non poucos conflitos verbais que ás veces terminan resolvendose por medio das armas. Todos os enfrontamentos réxense por normas estritas que os adversarios deben respectar.Os ianomamis viven da agricultura, caza e recolleita. A súa poboación de máis de 9000 individuos establécese en poboados pequenos nos bosques de Brasil e Venezuela.


O mesmo acontece nas pelexas entre aldeas. Para os yanomamis, a guerra forma parte das súas vidas. Moitas veces as aldeas son atacadas polos poboados veciños cos que máis tarde é posible que formen alianza para enfrontarse a outros grupos próximos. É unha situación política de tensión, en que cada aldea debe mostrar a súa forza e ferocidad. O activador destas loitas é moitas veces un roubo de comida, unha práctica adúltera, un simple insulto, ou ben, a sospeita dun conxuro maléfico exercido sobre algún integrante da aldea atacante.Aínda que estes enfrontamentos comportan o asasinato dalgún membro desprotexido do poboado atacado, a forma máis salvaxe de violencia acontece nos Nomohori “”ou trampas. Consisten na alianza entre un poboado amigo e outro inimigo dun terceiro que se converte na vítima. A aldea que mantén boa relación con estes terceiros, lles invicta a unha festa. Tras ela, e mentres os convidados descansan, son masacrados polo poboado inimigo, que urdiu o plan conxuntamente cos anfitrións. As mulleres son feitas prisioneiras e repartidas entre os dous grupos vitoriosos.Dadas os seus costumes, as aldeas yanomami viven nunha continua tensión e estado de alerta. Aínda así, son frecuentes as alianzas temporais baseados no comercio.Entre os seus ritos destacan as cerimonias fúnebres. Á morte dun membro do poboado, celébrase unha reunión en que se chora ao defunto e a que se invicta a familiares e amigos doutros poboados. Nestas celebracións os homes representan cantos que se aproveitan para comunicar noticias, negociar matrimonios, etc. O cadáver do defunto é incinerado e os ósos tritúranse ata reduciros a po, o cal se incorpora a unha sopa de plátano que consumen os familiares, co que segundo as súas crenzas, libérase a alma do ser querido.


No hay comentarios:

Publicar un comentario