4/14/2010

tribos do mundo: os masai:::


Os masai son un pobo nómade que segue hoxe en día subsistindo do pastoreo, aínda que algunha das súas tribos, como os arusha (ou masai lumbwa) se dedican á agricultura.A estrutura social masai está xerarquicamente organizada. Ademais dos clans (dos cales o dos ferreiros é o máis baixo), divídense en guerreiros ou morane, xefes de familia e anciáns (responsables políticos ou relixiosos). Cada unha destas clases posúe dereitos e deberes específicos, que no caso dos guerreiros varían segundo a idade dos mozos.Así pois, aos 16 anos os rapaces sométense á cerimonia do paso á idade adulta que inclúe a circuncisión, e pola cal se converten en guerreiros durante uns anos. De aquí en diante compartirán moitas facetas da súa vida cos seus compañeiros de ritual. Son os chamados grupos de idade, piar básico da sociedade masai.

Estes mozos guerreiros desempeñaban antigamente a función de defensa do territorio, pero hoxe en día ocúpanse as tarefas máis difíciles do pastoreo (de nenos só vixían o gando), ademais da caza e as importantes exhibicións de valor.
Cando os grupos de guerreiros van contando maior idade pasan a integrar os seguintes estratos sociais, desprazando á súa vez os do grupo de idade precedente cara a un status maior. Cada aumento de status (sempre por grupos) vai ofrecendo aos mozos máis dereitos e prerrogativas como poder fumar ou casar (sempre fose do clan familiar); e cada vez van pesando máis as súas opinións na sociedade.. Esta característica culmina cando un grupo pasa a considerarse de "anciáns", xa que son eles que tomarán todas as decisións importantes, de forma igualitaria e reunidos en consello.
En canto ás nenas, tamén pasan por unha cerimonia de iniciación que inclúe a circuncisión feminina. É habitual que o seu futuro matrimonio estea pactado polos seus pais dende pequenas, pero dende o rito de iniciación permíteselles relacionarse cos mozos guerreiros que desexen. Aínda que poida parecer o contrario, a sociedade masai é moi aberta a este respecto, xa non está mal vista a promiscuidade feminina nin masculina.
Unha vez casadas abandonan a casa familiar para acompañar o seu marido e con axuda das mulleres da súa familia política construirá a súa nova casa, con barro e ramas recubertas de excrementos de vaca. Os grupos de chozas en que viven os masai albergan a varias familias dispostas arredor dos currais de gando.


O marido pode ter máis dunha muller, pero todas elas co mesmo status. Tamén as mulleres, aínda casadas e con coñecemento do seu marido, poden ter relacións con outros homes do mesmo grupo de idade que o seu esposo. Entre os seus dereitos de esposa inclúense a exclusividade da muxidura dalgúns animais e a asignación das cabezas de gando familiar aos seus fillos. Ao alcanzar unha idade avanzada, as mulleres gozan da mesma consideración que os homes anciáns.O gando vacún (ás veces tamén ovellas e cabras) é a base da economía familiar, aínda que os kisongo se ocupan tamén de extraer sal do lago Natron. A carne das reses prové aos masai de alimento, e o leite e sangue de bebida. Nun hábitat sen auga, o leite en forma de graxa úsase como medio de aseo. As peles son utilizadas para confeccionar a vestimenta, o esterco emprégase na construción das casas, os ósos para elaborar armas...
En canto ás súas crenzas, os masai veneran ao deus creador Ngai (Enkai), ante o que se levan a cabo ofrendas e rezos para pedir a chuvia, a protección, etc. Así mesmo cren que o seu deus lles concedeu todo o gando da terra, e como forma de agradecemento, son os nenos que coidan o gando.Curiosamente, os ritos máis importantes relaciónanse coa idade ou os ciclos vitais, pero non coa morte. Para os masai non existe o alén, polo tanto non ten sentido rezar ou honrar os mortos, que son abandonados á súa sorte na chaira. O peso ritual e relixioso da sociedade masai exérceo un ancián (laibon) cuxa única función é ser responsable relixioso do poboado. Atribúenselle poderes divinatorios.A mediados do século XIX os masai exercían un importante poder na zona, pero os enfrontamentos coas tribos veciñas e as fortes secas minguaron esta influencia. Coa colonización británica a principios do século XX comezou a presión para que este pobo abandonase a súa tradicional forma de vida, pero os masai mostraron a súa oposición. Máis tarde os gobernos de Kenya e Tanzania intentaron que os masai abandonasen o pastoreo e integrásense na cultura dos seus respectivos países como agricultores. Hoxe en día os masai seguen ignorando regulamentos, leis ou mandatos oficiais que modifiquen os seus costumes, lles prohiban ser guerreiros ou os obriguen a pagar impostos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario