4/15/2010

os mossuo:::


Os mosuo constitúen unha das poucas sociedades matriarcais do mundo. O sexo é libre, non existe o matrimonio nin a paternidade. O home, contento no seu papel, é un simple fecundador. Nos arredores do lago Lugu, ao sueste de China, habitan os mosuo, un pobo coñecido pola súa peculiar forma de vida. Os mosuo conforman un dos poucos matriarcados que existen no planeta, o que orixinou un gran número de lendas sobre as súas mulleres guerreiras.O seu sistema social caracterízase pola inexistencia do matrimonio e do concepto de paternidade. Igualmente, no seu mundo, o contido da palabra celos, non ten o máis mínimo significado.
O elo arredor do cal se encadea toda a sociedade mosuo é a figura da nai, que representa ao cabeza de familia. Unha familia mosuo agrupa, polo xeral, tres xeracións de mulleres cos seus respectivos fillos. Avoas, nais e fillas viven xuntas, sen a presenza de ningunha figura masculina.O único home que se acepta nestes núcleos familiares é ao tío materno, fillos propios ou sobriños. Ao non existir o concepto de matrimonio, o sexo practícase de forma aberta e libre. Abonda elixir o compañeiro desexado para pasar a noite. A única norma ao respecto é a prohibición do incesto. A fidelidade é un concepto totalmente rexeitado. Os homes son os que manifestan o seu desexo pola muller, e esta non ten máis que decidir se acepta ou non a proposición.

As nenas mosuo celebran a súa maioría de idade arredor dos nove anos, nunha cerimonia ritual na que as mulleres locen as súas mellores galas. Dende ese momento a nena é considerada un ser humano completo e adulto.Os homes e mulleres asócianse en partidos. Cando un integrante do partido masculino e unha do partido feminino se atraen, adoitan pasar tempo xuntos, no traballo e as celebracións comunais. Ademais de intercambiar regalos, esperan a recibir o consentimento das anciás do poboado. Unha vez obtido este xa considéranse parella pero os seus intereses non inclúen o matrimonio nin a vida en común.
O segue vivindo na súa casa e pasando a noite na casa da "noiva". Co amañecer o mozo amante volve ao seu fogar. É probable que teñan fillos xuntos, e de ser así, os nenos nunca o chamarán pai. Será o tío materno quen os eduque. Os fillos son da muller, aínda que o seu pai biolóxico lles visite (continúe ou non a relación) nalgunhas datas sinaladas do ano.As nais, ademais de encabezar a sociedade, son quen coidan do fogar, deciden as herdanzas e outorgan ás familias o seu apelido, e non obstante, aos homes mosuo non parece indignarlles esta situación, senón moi ao contrario.Este pobo caracterízase tamén pola súa fidelidade ás tradicións, aínda que comezan a abrirse ao turismo, ao que acollen moi hospitalariamente e permiten que observe os seus coloridos festexos e celebracións. Os mosuo, nun mundo sen auga ou electricidade transmiten un gran sentimento de paz e alegría, o cal demostra que ás veces, a sinxeleza pode ser a fonte da felicidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario